Curso de emprego de ferramentas da web social na universidade. Contornas persoais de aprendizaxe - CAMPUS DE PONTEVEDRA

Información do curso

Curso de emprego de ferramentas da web social na universidade. Contornas persoais de aprendizaxe - CAMPUS DE PONTEVEDRA


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP200
Nome Curso de emprego de ferramentas da web social na universidade. Contornas persoais de aprendizaxe - CAMPUS DE PONTEVEDRA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

O curso pretende amosar a utilidade das ferramentas e servizos da web social na educación universitaria.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax 986818692
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O “ Curso de emprego de ferramentas da web social na universidade. Contornas persoais de aprendizaxe” insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2012. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 24/07/2012 12:00 - 27/09/2012 23:59
Período de docencia 02/10/2012 - 16/10/2012

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Coñecer as principais ferramentas da web social e os seus usos docentes no marco dos novos retos do EEES
  • Comprender a importancia destas ferramentas na aprendizaxe permanente
  • Aprender a construír unha contorna persoal de aprendizaxe
  • Introdución ao emprego das ferramentas 2.0 para outros usos académicos, como a xestión e coordinación docente ou a investigación

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

Impartirase os días 2, 9, 16, 23 e 30 de outubro de 10.00 a 14.00 horas.

Programa

1. Introdución á web social e ás contornas  persoais de aprendizaxe

2. Comunicación: Twitter

3. Subscrición: Google Reader

4. Organización: Diigo

5. Colaboración: Goggle Docs

6. Almacenamento: Dropbox

7. Publicación: Tumblr

8. Recomendación: Scoop.it

Impartido en

Campus de Pontevedra. Aula informática da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

Observacións

Certificado da asistencia:
A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a oito sesións presenciais completas das dez que ten o curso.

Profesorado

Pedro Cuesta Morales
Profesor da Universidade de Vigo


Información de máis accións formativas da Área de Formación e Innovación Educativa:

http://vicadc.uvigo.es/vicadc_gl/formacion/index.html

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos