Atopa o teu curso

Información do curso

Curso de formación en xénero e violencia de xénero. Re-Xenérate


Tipo Curso de Formación
Código FV031101
Nome Curso de formación en xénero e violencia de xénero. Re-Xenérate
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 15/10/2011 00:00 - 02/11/2011 09:00
Período de docencia 02/11/2011 - 30/11/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 8
Número máximo de participantes 25
Créditos teóricos 1.4
Créditos prácticos 1.6

Destinatarios/as

O curso diríxese fundamentalmente ao alumnado universitario. Tamén está enfocado a calquera profesional que desexe afondar nos seus coñecementos ou a calquera persoa interesada en formarse en materia de xénero como crecemento persoal.

Obxectivos

Xerar e provocar a reflexión e o coñecemento interno e social do xénero.

Condicións de acceso

  1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo
  2. Alumnos/as da universidade
  3. Profesionais directamente relacionados/as coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios
  4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos/as alumnos/as do curso, poderán admitirse profesionais relacionados/as coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Terán preferencia as persoas que cumpran as condicións de acceso.
Se hai prazas vacantes poderá ser admitida calquera persoa interesada que non cumpra as condicións de acceso pero non poderán obter o título do curso de formación. Só se lles recoñocerá a súa asistencia.

Dentro destes criterios de preferencia, a admisión realizarase por estrita orde de matrícula. Non é precisa a preinscrición.

 

Calendario

O curso de formación desenvolverase durante o mes de novembro nas seguintes datas:

2 de novembro en horario de 16.00 h a 20.00 h
9 de novembro en horario de 16.00 h a 20.00 h
16 de novembro en horario de 16.00 h a 20.00 h
23 de novembro en horario de 16.00 h a 20.00 h
28 de novembro en horario de 16.00 h a 20.00 h
30 de novembro en horario de 16.00 h a 20.00 h

Modo de pagamento

A matrícula é gratuíta.

Impartido en

O lugar de realización será a Aula-Seminario número 4 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Vigo.

Sistema de avaliación

Evaluación continua en cada un dos blocos de formación.
En cada sesión as persoas asistentes, relacionadas co tema a tratar,  identificarán as vivencias experimentadas cunha produción gráfica, oral, corporal, etc que serán integradas nun traballo final que se instrumentará como avaliación do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos