A prostitución no marco do capitalismo neoliberal

Información do curso

A prostitución no marco do capitalismo neoliberal


Tipo Outros cursos
Código IFVX2023I17E5
Nome A prostitución no marco do capitalismo neoliberal
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 15
Descrición

 

Neste curso explicarase que a prostitución, ata a aparición do capitalismo neoliberal, tivo un carácter exclusivamente patriarcal. No entanto, cando as políticas económicas neoliberais comezan a aplicarse globalmente, deixa de ser só unha práctica patriarcal e convértese nun sector económico fundamental para a economía internacional. Tamén se analizarán os actores que compoñen esta realidade social: proxenetas, puteros e mulleres en prostitución.

Información de contacto:  
 · Teléfono Non dispoñible
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/04/2023 00:00 - 05/05/2023 23:59
Período de docencia 20/04/2023 - 20/05/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 120

Destinatarios/as

Comunidade universitaria

Programa

Tema 1. A industria da explotación sexual

Tema 2. Mulleres en prostitución

Tema 3. Os puteiros

Observacións

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

Profesorado

Rosa Cobo

Rosa Cobo

Rosa Cobo Bedia é profesora titular de socioloxía da Universidade da Coruña. A súa liña de investigación principal é a socioloxía e a teoría feminista. Dirixe Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas, da Universidade da Coruña. Publicou La prostitución en el corazón del capitalismo (2017) e Pornografía. El placer del poder (2020). Recibiu diferentes premios, entre eles en 2017, na súa V Edición, o Premio á Igualdade Ernestina Otero, concedido polo Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo. E en 2020, outorgouselle pola Delegación contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdad o recoñecemento ao pensamento feminista.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos