Pensar o amor no século XXI

Información do curso

Pensar o amor no século XXI


Tipo Outros cursos
Código IFVX2023I13E5
Nome Pensar o amor no século XXI
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 15
Descrición

“Pensar o amor no século XXI” quere ser un convite a reflexionar sobre as relacións amorosas porque neste momento o modelo tradicional está en crise, sobre todo como consecuencia do avance das mulleres na loita pola igualdade. As mulleres están demandando máis recoñecemento, liberdade e autonomía. Pero esta crise tamén é consecuencia das demandas de recoñecemento doutros colectivos que cuestionan o modelo amoroso dominante, un modelo de monogamia heteropatriarcal, sobre o que se asenta toda a trama institucional. A isto hai que lle sumar as aspiracións de felicidade que se nos impoñen na hipermodernidade, que casan mal co compromiso que require o mantemento dunha relación.

O amor non é só un sentimento, senón o resultado dunha construción social e cultural, nun momento histórico concreto. Ou sexa, o que sentimos e como interpretamos o amor que sentimos cara outras persoas pasa pola peneira do seu significado social e dos imaxinarios colectivos. A socioloxía e a antropoloxía aclaran que non amamos igual hoxe que hai cen anos, e tampouco o facemos igual en todas partes.

Neste curso explícase tamén que a amar apréndese. Aprendemos a amar no momento e no lugar que nos toca, na clase social e grupo étnico ao que pertencemos e, sobre todo, aprendémolo dun xeito diferente se somos mulleres ou homes. Ás mulleres incúlcaselle que o amor debe ser o centro e o destino principal da súa vida, pero os homes son socializados para seren suxeitos e donos do seu destino. As mulleres, pola contra, son educadas para a dependencia e tamén como corpos sexualizados.

Analízase o modelo amoroso dominante, derivado do patriarcado e o capitalismo. Por iso, o amor é un feito político e non unicamente unha experiencia persoal. Esta análise permite desvelar as opresións e os mitos que nos chegan a través dos dispositivos culturais, nomeadamente os relatos que fai a industria audiovisual.

Convídase a reflexionar sobre a construción de modelos alternativos, formas de relación simétricas onde prime a comunicación, o recoñecemento e a reciprocidade. E facelo tanto no plano individual como no colectivo.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono Non dispoñible
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/04/2023 00:00 - 05/05/2023 23:59
Período de docencia 20/04/2023 - 20/05/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 120

Destinatarios/as

Comunidade universitaria

Programa

Tema 1. A aprendizaxe do amor:
    a. A construción do binarismo dende o nacemento.
    b. Medias persoas, persoas a medias?
    c. As esixencias do guión!
    d. Místicas que fomentan a subordinación feminina e a superioridade masculina.
    e. Modelos amorosos empobrecedores.


Tema 2. A construción amorosa na sociedade patriarcal:
    a. A importancia do coidado.
    b. Interiorización do amor no modelo vital.
    c. Despatriarcalizar o amor.


Tema 3. Aprender a ben amar: a procura dun modelo alternativo:
    a. Identificar as asimetrías do modelo amoroso dominante.
    b. O maltrato e os guións de vida.
    c. O bo trato como alternativa.
    d. Cambios para o bo trato.
    e. Sementar amor fértil: reciprocidade, recoñecemento, redistribución.

Observacións

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

. .

Profesorado

Amada Traba Díaz

Amada Traba

Docente da Universidade de Vigo na materia de Socioloxía da Educación. Dende hai máis de trinta anos desenvolve actividades de formación, elaboración de materiais didácticos, asesoramento, divulgación e investigación con perspectiva de xénero. Investigadora en proxectos da Cátedra Feminista da Universidade de Vigo. Coautora da primeira Diagnose da igualdade na Universidade de Vigo. Froito dese traballo ten diversas publicacións. A máis recente, en coautoría con Chis Oliveira, é ám@me. Pensar o amor no século XXI, publicada por Galaxia e traducida para o castelán co título Amarte na Editorial La Catarata.

 

María Luísa Abad Abad

Luisa Abad

Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona. Mestra de Educación Infantil e Primaria. Asesora de Formación Permanente de Educación Infantil e de Coeducación durante nove anos no CEFORE de Vigo. Orientadora escolar en secundaria. Autora de “Manual para coeducar na Educación infantil” ( Xerais, 2008) e divulgadora habitual sobre temas de igualdade, titora de cursos online para a AS-PG e a Consellería de Educación.

 

Mercedes (Chis) Oliveira Malvar

Chis

Actualmente coordina o Comando Igualdade. Catedrática de Filosofía. Doutórase en Filosofía coa tese A educación afectivo sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta. Leva 40 anos traballando con adolescentes e na formación do profesorado. É autora de: La educación sentimental, una propuesta para adolescentes; Eros: materiais para pensar o amor?; El cuerpo como campo de batalla; DATAS e DATOS e numerosos artigos en revistas especializadas, libros de texto. Xunto con Amada Traba escribiu os libros: Estás por la solución? Proposta de recursos para a abordaxe da violencia de xénero no ámbito sanitario y Feminismo e sociedade laica. ám@me. Pensar o amor no século XXI, traducido ao castelán AMARTE, pensar el amor en el siglo XXI.

 

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos