Normativa básica de xénero

Información do curso

Normativa básica de xénero


Tipo Outros cursos
Código IFVX2023I2E7
Nome Normativa básica de xénero
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 15
Descrición

Información de contacto:  
 · Teléfono Non dispoñible
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/04/2023 00:00 - 05/05/2023 23:59
Período de docencia 20/04/2023 - 20/05/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 120

Destinatarios/as

Comunidade universitaria

Obxectivos

  • Introducir transversalmente a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da vida para desenvolver valores de igualdade e mellora do benestar.
  • Detectar relacións violentas no contexto da discriminación de xénero, identificando e recoñecendo diferentes tipos de violencia contra as mulleres.
  • Interpretar as normas xurídicas reguladoras da perspectiva de xénero: a nivel da Unión Europea, estatal, autonómico e local.
  • Empregar os protocolos de denuncia da violencia e actitudes en contra das mulleres.
  • Rexeitar comportamentos e contidos sexistas e estereotipos en diferentes ámbitos.

Programa

Tema 1. A tutela penal da violencia de xénero: da indiferenza á tolerancia cero:
a. Fan falta figuras delictivas de xénero específicas para protexer ás mulleres?
b. Ten algunha avantaxe diferenciar a violencia de xénero da violencia doméstica?
c. Consecuencias da publicación de LOPIVX: medidas penais fronte a violencia de xénero contra a muller
  no ámbito familiar o en relacións afectivas análogas á conxugal.
d. Catálogo de delitos de violencia de xénero no CP derivados da LOPIVX.
e. É lexítimo constitucionalmente impoñer penas máis graves ao home que maltrata, ameaza ou coacciona á
  muller coa que mantén ou mantivo unha relación sentimental que ás mulleres que realizan idéntico
  comportamento?
f. Cales son os inconvintes que presentaba a LOPIVX?
 
Tema 2. O Convenio de Istambul e as medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero:
a. Que é o Convenio de Istambul?
b. O acceso ao emprego e o papel da negociación colectiva.
c. Obxectivos e ámbitos de aplicación do Convenio de Istambul.
d. Obrigas xerais e específicas para os estados firmantes.
e. Outras obrigas de protección no ámbito penal, procesal e civil derivados da violencia de xénero.
f. O Grupo de persoas expertas na loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica (GREVIO).
g. A adaptación do Código Penal español ás obrigas derivadas do Convenio de Istambul.
h. A circunstancia agravante xenérica por discriminación de xénero.
i. O Pacto de estado contra a violencia de xénero de 2017.
j. Conclusións.
 
Tema 3. A Lei 14/2011 de 1 de xuño da Ciencia, Tecnoloxía e a Innovación e a Perspectiva de xénero como
        categoría transversal:
a. Introdución.
b. A Lei 14/2011 de 1 de xuño da Ciencia, Tecnoloxía e a Innovación.
c. O Sistema Español de Ciencia e Tecnoloxía.
d. Observatorio «Mulleres, Ciencia e Innovación» para a Igualdade de Xénero.
e. A perspectiva de xénero no marco normativo do persoal investigador.
f. O concepto de persoal investigador.
g. Dereitos e deberes do persoal investigador.
h. A Disposición Adicional 13ª: Implantación da perspectiva de xénero.
i. A Unidade de Mulleres e Ciencia (UMYC).

Observacións

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

 .

Profesorado

María Inmaculada Valeije Álvarez, profesora do Departamento de Dereito Público da Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos