A metodoloxía Design Thinking

Información do curso

A metodoloxía Design Thinking


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPDT23
Nome A metodoloxía Design Thinking
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 16
Descrición

O Design Thinking (DT) é unha metodoloxía iterativa para o desenvolvemento de proxectos en base a tarefas de empatía, definición, xeración de ideas, prototipado e experimentación. Esta metodoloxía foi desenvolvida en Standford e ten sido aplicada por numerosas empresas de éxito en todo tipo de sectores, dende o márketing á enxeñaría: Apple, Virgin, Toyota etc. Mediante a aplicación dunha aproximación centrada nas persoas e baseada na realización de probas iterativas con prototipos acádanse solucións innovadoras e conectadas coas necesidades reais do usuariado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.
O desenvolvemento de ferramentas para dar soporte ao traballo colaborativo en liña como Miro permite aos/ás design thinkers conectar, colaborar e cocrear nun só espazo virtual. Permítelles deseñar solucións e construír sobre elas coa axuda de notas adhesivas, imaxes, mapas mentais, vídeos, bosquexos etc.
Os modelos de linguaxe multimodais de gran tamaño como GPT-4, que utilizan aprendizaxe automática para xerar respostas similares ás dos humanos, pódense considerar tecnoloxías disruptivas no sentido de que teñen o potencial de revolucionar sectores como a creación de contidos, a atención á clientela e os chatbots, entre outros.
Neste curso poñemos en práctica a metodoloxía Design Thinking nun contexto en liña pioneiro, utilizando Miro como soporte para o desenvolvemento de proxectos en equipo e ChatGPT como ferramenta para desenvolver un elemento crucial no proceso Design Thinking: a etapa de empatía.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/04/2023 12:00 - 02/06/2023 23:59
Período de docencia 26/06/2023 - 30/06/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

- Describir os fundamentos do Design Thinking (DT).
- Identificar as fases da metodoloxía do DT para guiar o desenvolvemento de proxectos colaborativos do alumnado.
- Diferenciar os instrumentos de soporte para a implantación do DT (técnicas de ideación, de observación, de prototipado rápido, de entrevista e escoita activa etc). utilizando a ferramenta de encerado colaborativo Miro.
- Analizar o potencial de ChatGPT com instrumento para o entrenamento da empatía.

Condicións de acceso

É necesario ser quen de:
- Manexar aplicacións web como como persoa usuaria.
- Acceder ao Campus remoto.
- Ter unha conta en miro.com.
- Ter unha conta en chatgpt-openai.com.

É preciso contar cun ordenador con prestacións suficientes para executar Miro.
Ter conexión á rede cunha velocidade mínima sostida de 1 Mb/s.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase os seguintes días:

- Sesión 1 (26/06/2023): 3 horas de 10:00 a 13:15 + 1 horas traballo autónomo.
- Sesión 2: (27/06/2023): 3 horas de 10:00 a 13:15  + 1 hora traballo autónomo.
- Sesión 3: (28/06/2023): 3 horas de 10:00 a 13:15 + 1 hora traballo autónomo.
- Sesión 4: (29/06/2023): 3 horas de 10:00 a 13:15.
- Sesión 5: (30/06/2023): 2 horas de 9:30 a 11:30 + 1 horas traballo autónomo + 2 horas de 12:00 a 14:00.

Programa

- Sesión 1: 3 horas + 1 horas traballo autónomo
   a. Introdución e presentación. Asignación de proxectos (Campus Remoto).
   b. Introdución a Miro: o paradigma do encerado colaborativo, presentación do taboleiro do curso e familiarización coa ferramenta (Miro).

- Sesión 2: 3 horas + 1 hora traballo autónomo
   a. Introdución á etapa de Empatía (Campus Remoto).
   b. Realización de entrevistas, escoita activa (ChatGPT).
   c. Pescuda de información (Web).

- Sesión 3: 3 horas + 1 hora traballo autónomo
   a. Introdución á etapa de Definición (Campus Remoto).
   b. Realización de mapas mentais. Visualización de retos: o Punto de Vista (Miro).

- Sesión 4: 3 horas
   a. Ideación. Técnicas de ideación (Campus Remoto).
   b. Brainstorming. Xeneración de ideas. Selección dunha solución (Miro).

- Sesión 5: 3 horas + 1 horas traballo autónomo
   a. Prototipado. Definición de prototipo. Ferramentas para prototipar (Campus Remoto).
   b. Creación dun prototipo da solución (Miro).

- Sesión 6: 3 horas
   a. As probas en Design Thinking. Ferramentas para poñer en valor un prototipo (Campus Remoto).
   b. Presentación dos prototipos (Miro, Campus Remoto).
   c. Matriz de resultados. Retrospectiva (Miro).

Impartido en

A través de Miro e Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación da formación será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a finalización dela.

Profesorado

Manuel J. Fernández Iglesias

É  catedrático de universidade na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en proxectos internacionais de aplicación de Design Thinking. Coordina o grupo de innovación educativa da Universidade de Vigo “DESIRE – Design Thinking Innovation & Research”.

Íñigo Cuíñas Gómez

É  catedrático de universidade na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Participa habitualmente en proxectos internacionais no ámbito do Design Thinking e o desenvolvemento de competencias transversais. Ten varias publicacións en congresos e en revistas indexadas nos ámbitos da innovación educativa e da aprendizaxe baseada en xogos.

Manuel Caeiro Rodríguez

É profesor titular na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Desde o ano 2012 é coordinador da rede de investigación TELGalicia, sobre innovación educativa. Ten participado en numerosos proxectos relacionados coa aplicación das novas tecnoloxías en educación: estándarización, innovación, xogos e gamificación, Design Thinking, aprendizaxe autorregulada etc.

Itziar Goicoechea Castaño

É profesora titular na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Participa na Asociación Española de Enxeñería de Proxectos (AEIPRO) e participa en diversos mestrados e cursos relacionados coa xestión de proxectos. Asimesmo, conta con máis de 15 anos de experiencia na área de xestión de proxectos na empresa privada, asumindo diferentes cargos.

Gustavo Zurita Alarcón

É catedrático de universidade no Departamento de Control de Xestión e Sistemas de Información da Universidade de Chile. Ten unha ampla experiencia investigadora no ámbito das tecnoloxías e metodoloxías para o traballo e aprendizaxe colaborativos.

 

Sistema de avaliación

Para as sesións virtuais síncronas achegarase un cuestionario final de 10 preguntas, onde cada pregunta terá catro respostas e unha soa sexa a correcta.
Presentación final do caso práctico elaborado a partir dos elementos elaborados durante o curso. Matriz de resultados.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos