Políticas públicas de igualdade

Información do curso

Políticas públicas de igualdade


Tipo Outros cursos
Código IFVX2022-2-I14
Nome Políticas públicas de igualdade
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 15
Descrición

O itinerario formativa empeza cunha aproximación ao concepto de política pública para achegarse logo ás políticas públicas de igualdade. Faino a través da análise das distintas estratexias e axentes que interveñan na correcta implantación destas políticas a través do principio de igualdade de oportunidades, das accións positivas e do mainstreaming de xénero. O actual marco lexislativo consagra a igualdade de homes e mulleres pero sabemos que está pendente o reto da construción dunha sociedade e dun estado igualitario. Falamos da eliminación das fendas de xénero, da violencia contra as mulleres, dos estereotipos sexistas e do patriarcado e falamos dun estado no que non teña cabida ningunha forma de discriminación, nomeadamente as relacionadas coa desigualdade estrutural por razón de xénero, ás que ás veces se suman outros rasgos que multiplican as consecuencias. Por elo, e con fin de avanzar neste propósito, sempre é positivo analizar as orixes e coñecer cales foron os primeiros pasos das políticas de igualdade e o despegue institucional das mesmas así como da arquitectura institucional que as sustentou o marco normativo actual. Na políticas de igualdade, ademais das estratexias, hai que afondar no coñecemento dos instrumentos propios como os Plans Estratéxicos de Igualdade, os informes de impacto de xénero ou os informes e as avaliacións periódicas sobre a efectividade do principio de igualdade. Finalmente, o itinerario olla ao futuro para plantexar unha breve análise da actual axenda política do feminismo, así como dos elementos que poñen en risco os avances e, por suposto, os retos pendentes.

Información de contacto:  
 · Teléfono Non dispoñible
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/09/2022 00:00 - 12/10/2022 23:59
Período de docencia 28/09/2022 - 28/11/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 120

Destinatarios/as

Comunidade universitaria

Programa

Tema 1. Políticas públicas de igualdade no estado de benestar:

    a. Que son as políticas públicas?
    b. Cal é a interpretación do papel das políticas de igualdade no estado do benestar?
    c. Cales son as estratexias e axentes que interveñen nas políticas públicas de igualdade?
    d. As estratexias nas políticas públicas de igualdade.

Tema 2. A arquitectura institucional das políticas de igualdade:

    a. Primeiros pasos.
    b. Desenvolvemento institucional das políticas públicas de igualdade.
    c. Fitos nas políticas públicas de igualdade en España.

Tema 3. Instrumentos para implementar políticas públicas de igualdade:

    a. Os plans de igualdade.
    b. Os informes de impacto de xénero.
    c. Cal é a axenda actual das políticas públicas de igualdade?

Observacións

Proxecto financiados polas seguintes entidades:

   

 

 

 

 

Profesorado

Laura Seara Sobrado

Course Staff Image #1

Consultora socia de Red Talento experta en xénero e discapacidade e asesora legal da Fundación CERMI Mujeres. Licenciada en Dereito e Máster en Calidade dos Servizos Públicos, conta cunha ampla experiencia na xestión e deseño de políticas públicas de igualdade. Foi Directora Xeral do Instituto de la Mujer (2009-2011) e Secretaria de Estado de Igualdad do Goberno de España (2011). Como deputada 8 anos no Parlamento de Galicia e voceira de igualdade, foi ponente da Lei 11/2007 do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e da Lei 2/2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. Durante os 4 anos de deputada no Congreso dos Deputados exerceu de voceira da Comisión de Políticas Integrais da Discapacidade, vicevoceira de Medio Ambiente e vogal de Igualdade. Formou parte da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa e foi Vicepresidenta do CJE. Impartiu numerosos cursos sobre políticas de igualdade en universidades españolas e latinoamericanas, actividade formativa que sigue desenvolvendo xunto coa participación como consultora en proxectos internacionais da Comisión Europea e da OCDE. Actualmente, tamén forma parte do Padroado da Fundación Luzes e é colaboradora da Ventana de Galicia da Cadena Ser.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos