Pornografía

Información do curso

Pornografía


Tipo Outros cursos
Código IFVX2022I16
Nome Pornografía
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 15
Descrición

A pregunta central do curso é: por que a tantos homes parécelles excitante realizar prácticas “sexuais” cunha muller que non o desexa? No tema 1, búscanse respostas na construción da sexualidade masculina; no 2, estúdanse as dúas estratexias que se poñen en xogo na pornografía na reprodución da violencia sexual contra as mulleres; no 3, analízase o esquema básico da pornografía e búscanse respostas á pregunta de cal é o seu tema central.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 29/03/2022 10:00 - 29/04/2022 23:59
Período de docencia 29/03/2022 - 29/05/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 100

Programa

Tema 1. Masculinidade e sexualidade masculina:

a. A masculinidade como construción encargada de reproducir a desigualdade de poder.
b. Como poden os varóns, na súa vida cotiá, sentir e mostrar esa suposta superioridade sobre as mulleres?
c. O suposto dereito de acceso sexual dos varóns aos corpos das mulleres.

Tema 2. As dúas estratexias da pornografía na reprodución da violencia sexual:

a. Diferenciando o sexo da violencia.
b. A violencia sexual e a resistencia activa na cultura da violación.
c. As dúas estratexias principais da pornografía na reprodución da violencia sexual.
d. Conclusións.

Tema 3. O tema central da pornografía:

a. O esquema da pornografía.
b. O ingrediente necesario para que un vídeo sexa considerado pornográfico.
c. A pornografía é un discurso político.

Observacións

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

. .

Profesorado

Mónica Alario

Mónica Alario

Doutora Internacional en Estudos Interdisciplinares de Xénero. Previamente Licenciada en Filosofía e Máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero. A súa tese doutoral, dirixida pola Dra. Ana de Miguel, titúlase "A reprodución da violencia sexual nas sociedades formalmente igualitarias: unha análise filosófica da cultura da violación actual a través dos discursos e o imaxinario da pornografía". Recibiu o Primeiro Premio da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero a teses doutorais sobre violencia contra a muller do ano 2020.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos