Mulleres e ciencia

Información do curso

Mulleres e ciencia


Tipo Outros cursos
Código IFVX2022I11
Nome Mulleres e ciencia
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 15
Descrición

No curso Mulleres e Ciencia falaremos da invisibilidade das mulleres na ciencia, e amosaremos as dificultades que se atopan para desenvolverse como profesionais neste campo. Coñeceremos, entre outras, ás mulleres claves no éxito da misión Apolo XI e a posterior conquista do espazo. Todas elas mulleres con coraxe e amor polo seu traballo, que son un magnífico modelo da capacidade do ser humano para soñar e facer avanzar á humanidade.

 

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 29/03/2022 10:00 - 29/04/2022 23:59
Período de docencia 29/03/2022 - 29/05/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 100

Programa

TEMA 1. Muller e ciencia

   1. Muller e ciencia: introdución
   2. Situación das mulleres na ciencia
   3. Por que tan poucas?
   4. Sexismo e discriminación no ámbito científico

TEMA 2. As mulleres que nos levaron a Lúa

   1. Introdución
   2. Astronautas, habelas hainas
   3. A cara oculta da conquista da Lúa

TEMA 3. Matemáticas, as grandes descoñecidas

   1. Muller e Matemática: introdución
   2. O gran cambio dos séculos XIX e XX
   3. Cal é a situación actualmente?

Observacións

Proxecto finaciado polas seguintes entidades:

. .

 

 

 

 

Profesorado

Encina Calvo Iglesias

Doutora en Ciencias Físicas e Profesora Titular no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos ven traballando na incorporación da perspectiva de xénero á docencia, polo que recibiu o 2º Premio á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia da USC no ano 2018. É a autora da Guía para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero en Física.

 

María de las Nieves Lorenzo González

María de las Nieves Lorenzo González

Doutora en Ciencias Físicas e Profesora Titular no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo. Nos últimos anos ven traballando na incorporación da perspectiva de xénero á docencia e na visibilización das mulleres nas disciplinas STEM. Recibiu o premio á acción ou actividades de divulgación científica na II Edición de Premios do Campus da Auga co proxecto eXXperimenta en feminino que se desenvolve dende febreiro de 2018 no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

 

Amelia Verdejo Rodríguez

Amalia Verdejo

Licenciada en Matemáticas pola USC e Doutora en CC. Matemáticas pola UVigo. Fun Profesora da USC (1978-79), Profesora Agregada de Bacharelato (1979-1992) e Profesora do Departamento de Matemáticas da UVigo (1992-2018) ata a miña xubilación en 2018. Nos últimos anos da miña vida profesional ocupeime de incorporar explicitamente a perspectiva de xénero na docencia visibilizando o papel das mulleres matemáticas. Por ese traballo recibín o Accésit do I Premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero Antonia Ferrín Moreiras no 2013. Posteriormente, en 2017, publiquei o libro “Mujeres matemáticas: Las grandes desconocidas”; e, no 2018, colaborei na obra colectiva “Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos”. Dende 2019 colaboro asiduamente na Wikipedia editando artigos sobre mulleres, maioritariamente sobre mulleres matemáticas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos