Dimensión de xénero nos proxectos de I+D+i das TIC

Información do curso

Dimensión de xénero nos proxectos de I+D+i das TIC


Tipo Outros cursos
Código IFVX2022I10
Nome Dimensión de xénero nos proxectos de I+D+i das TIC
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 15
Descrición

 

Neste curso explícase en primeiro lugar por que é necesaria a dimensión de xénero na I+D+i das TIC. Revísanse a continuación os principais obstáculos ou dificultades para integrar a dimensión de xénero en deseños e produtos. Veremos despois algunhas ferramentas para introducir a dimensión de xénero, ilustrando as metodoloxías expostas mediante casos de estudo estreitamente relacionados coas TIC.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 29/03/2022 10:00 - 29/04/2022 23:59
Período de docencia 29/03/2022 - 29/05/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 100

Programa

Tema 1. Dimensión de xénero na I+D+I das TIC

a. Introdución
b. Por que é necesaria a dimensión de xénero na I+D+i das TIC
c. Obstáculos para integrar a dimensión de xénero en deseños e produtos

 

Tema 2. Ferramentas para introducir a dimensión de xénero na I+D das TIC. Casos de Estudo I

 

Tema 3. Ferramentas para introducir a dimensión de xénero na I+D das TIC. Casos de Estudo II

Observacións

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

   .

Profesorado

Soledad Torres Guijarro

SOLEDAD TORRES

Soledad Torres Seixo é Enxeñeira de Telecomunicación (Universidade Politécnica de Madrid - UPM, 1992) e Doutora Enxeñeira de Telecomunicación (UPM, 1996), especializada en Tratamento Dixital de Sinais. Na actualidade é profesora na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Os seus intereses como investigadora inclúen o Procesado Dixital de Sinais de audio e acústicas e a acústica submarina. Tamén a promoción das vocacións científico técnicas femininas, e a incorporación da perspectiva de xénero na investigación. Actualmente é Enlace de Igualdade entre a escola de Enxeñería de Telecomunicación e a Oficina de Igualdade da Universidade de Vigo, e tesoureira do nodo galego da Asociación de Mujeres Investigadoras e Tecnólogas ( AMIT- Gal).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos