A perspectiva de xénero na educación

Información do curso

A perspectiva de xénero na educación


Tipo Outros cursos
Código IFVX2022I7
Nome A perspectiva de xénero na educación
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 15
Descrición

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 29/03/2022 10:00 - 31/03/2022 10:39
Período de docencia 29/03/2022 - 29/05/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 100

Obxectivos

  • Introducir transversalmente a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da vida para desenvolver os valores de igualdade e mellora do benestar.
  • Identificar as desigualdades estruturais e sistémicas derivadas da categoría xénero nas áreas sociais, económicas, xurídicas, políticas e culturais e institucións sociais que as perpetúan.
  • Facer visibles as achegas das mulleres a diferentes ámbitos de coñecemento.
  • Aplicar ferramentas á análise de xénero para revisar e criticar as diversas disciplinas co obxecto de estudo desde a perspectiva de xénero. Detectar as relacións violentas no contexto da discriminación de xénero, identificando e recoñecendo diferentes tipos de violencia contra as mulleres.
  • Visibilizar as aportacións das mulleres á contribución dos diferentes ámbitos de coñecemento.
  • Realizar traballos, proxectos e investigacións con perspectiva de xénero.

Programa

Tema 1. A coeducación. Boas prácticas:
a. O concepto de coeducación.
b. Cuestionando o currículo escolar androcéntrico.
c. Boas prácticas coeducativas.
Tema 2. A prevención da violencia de xénero no ámbito escolar:
a. Violencia de xénero no eido escolar.
b. Prevención da violencia de xénero no eido escolar.
 
Tema 3. A invisibilización e o sexismo na historia da ciencia como mecanismos de exclusión das mulleres:
a. Introdución. As ciencias en occidente.
b. Mulleres na construción do coñecemento.
c. O papel das mulleres no nacemento e consolidación da ciencia moderna (séculos XVII e XVIII).
d. A ciencia no século XIX: un retroceso para as mulleres.

Observacións

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

 

Profesorado

María Mercedes Álvarez Lires, profesora xubilada do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo.
Iria Vázquez Silva, profesora axudante doutora de socioloxía do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos