Economía de xénero

Información do curso

Economía de xénero


Tipo Outros cursos
Código IFVX2022I4
Nome Economía de xénero
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 15
Descrición

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 29/03/2022 10:00 - 29/04/2022 23:59
Período de docencia 29/03/2022 - 29/05/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 100

Obxectivos

  • Introducir transversalmente a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da vida para desenvolver os valores de igualdade e mellora do benestar.
  • Identificar as desigualdades estruturais e sistémicas derivadas da categoría xénero nas áreas sociais, económicas, xurídicas, políticas e culturais e institucións sociais que as perpetúan.
  • Analizar as estatísticas do mercado de traballo dende a perspectiva de xénero para identificar as desigualdades estruturais entre homes e mulleres.
  • Afondar nas causas da fenda salarial a partires de artigos de investigación en Economía de xénero.
  • Fomentar a corresponsabilidade de homes e mulleres nos coidados.

Programa

Tema 1. O mercado de traballo desde a perspectiva de xénero:
    a. Introdución.
    b. Datos e fontes estatísticas.
    c. Participación laboral feminina. Comparación internacional.
    d. A evolución na participación laboral feminina en España e Galicia.
    e. A taxa de paro.
    f. A segregación ocupacional.

Tema 2. A fenda salarial por razón de xénero:
    a. Introdución.
    b. Fenda salarial bruta e axustada.
    c. Comparación internacional.
    d. A taxa de paro.
    e. A fenda salarial ao longo da vida laboral.

Tema 3. Causas da fenda salarial e algunhas propostas:
    a. O papel da maternidade e o coidado das crianzas na fenda salarial. O child penalty.
    b. A fenda de xénero no traballo non remunerado.
    c. Outras causas que explican a fenda salarial de xénero.
    d. Medidas para reducir a fenda salarial.

Observacións

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

 

Profesorado

Xulia González Cerdeira, profesora do Departamento de Economía aplicada da Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos