Análise estatística con RCommander (Modalidade virtual)

Información do curso

Análise estatística con RCommander (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPR20VIR
Nome Análise estatística con RCommander (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é o software liberado baixo unha licenza libre, referente nos estudos estatísticos e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a realización de estudos estatísticos descritivos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Análise estatística básica de datos con RCommander insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está coorganizada polo CIXUG e pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/01/2020 12:00 - 15/03/2020 23:59
Período de docencia 01/04/2020 - 06/05/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Realizar estatísticas descritivas.
  • Manexar datos.
  • Xerar gráficos.
  • Facer distribuicións de probabilidade.
  • Facer regresións lineais simples.

Calendario

Do 1 de abril ao 6 de maio.

Programa

Tema 1: Comezando con R.

Tema 2: Instalación.

Tema 3: Instalación de paquetes.
            Instalación de paquetes RCommander.

Tema 4: Uso de RCommander.
            Menús de RCommander.

Tema 5. Manexo de datos:
            Recodificar variables.
            Estudo descritivo e infeccións cirúrxicas.
            Recodificar e filtrar variables.

Tema 6. Creación de datos.

Tema 7. Estatística descritiva.

Tema 8. Distribucións de probabilidade.

Tema 9. Inferencia.
            Intervalos de confianza.

Tema 10. Regresión lineal simple.
              Diagnósticos numéricos.

Tema 11. Engadidos no RCommander.

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de RCommander. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.  E ao final do curso existe unha proba final. A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:

Participación (10 horas de conexión como mínimo): 10%.
Probas de autoavaliación por tema: 50%.
Proba final: 40 %.

Profesorado

Miguel Ángel Rodríguez Muíños

Técnico Informático da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.
É formador con ampla experiencia en software científico e de análise de datos. É membro fundador da Comunidade R-Hispano (Asociación de usuarios/as de R de España) e das Xornadas de Usuarios de R en Galicia; e administra  R-Help-es (listaxe de correo de R en castelán).
Tamén coordina o Proxecto EpiLinux (distribución científica de Linux) e do Proxecto BioStatFLOSS (recompilación de software libre de uso bioestatístico).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos