Creación e tratamento de imaxes e fotografías (modalidade virtual)
Información do curso
Creación e tratamento de imaxes e fotografías (modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | ARCIXUG191 | ||||
Nome | Creación e tratamento de imaxes e fotografías (modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O curso Creación e tratamento de imaxes e fotografías é unha actividade formativa que é recoñecida polas Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado coma Formación Permanente do PDI. A actividade formativa está xestionada pola Oficina de Software Libre (CIXUG). |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
A creación e manipulación de imaxes é un dos labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con esta actividade formativa perséguese que as persoas que participen adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes. Traballarase principalmente co GIMP, aínda que se fará alusión a outros programas de edición de imaxes como Krita, Scribus e Inkscape, todos eles de software libre.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 05/07/2019 12:00 - 03/09/2019 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 09/09/2019 - 07/10/2019 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 5 |
---|
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Definir os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
- Empregar diferentes ferramentas dixitais para a xeración e tratamento de imaxes.
- Atopar imaxes legais para completar as composicións gráficas.
- Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e o seu uso máis axeitado.
- Modificar imaxes tendo en conta os conceptos básicos de cor.
- Mellorar a calidade de traballos dixitais (presentacións, memorias, páxinas web...).
Calendario
Do 9 de setembro ao 7 de outubro.
Programa
Introdución (4 horas):
Software Libre e software non libre.
Obtención e instalación.
Tipos de imaxes e usos.
Interface gráfica.
Tarefas básicas de retoque.
Obtención de recursos gráficos.
Ferramentas (8 horas):
De debuxo.
Capas.
Textos.
De selección.
De transformación.
De rutas.
Canais.
Máscaras e cores (2 horas):
Xestión da cor.
Ferramentas de cor.
Curvas de cor.
Máscaras de selección.
Máscaras de capa.
Máscara de cor.
Filtros e extensións (3 horas):
Desenfoque.
Ruído e distorsión.
Efectos.
Artísticos.
Engadindo extensións.
Outras aplicacións de tratamento de imaxes (3 horas):
Vectoriais.
Debuxo dixital a man.
Animación.
Impartido en
Modalidade virtual.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Writer. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación. E ao final do curso existe unha proba final. A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:
Participación (10 horas de conexión como mínimo).
Avaliación continua a través de probas, consulta en foros...
Posibilidade dunha proba final.
Profesorado
Óscar Fernández Carballo
Enxeñeiro informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.
Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...).
Antonio Queimaño (titor)