Protocolo e protocolos para a comunicación corporativa e institucional: as ferramentas da excelencia. Comunicación e Protocolo

Información do curso

Protocolo e protocolos para a comunicación corporativa e institucional: as ferramentas da excelencia. Comunicación e Protocolo


Tipo Curso Complementario
Código CX100701
Nome Protocolo e protocolos para a comunicación corporativa e institucional: as ferramentas da excelencia. Comunicación e Protocolo
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Descrición

Cando se fala de protocolo hoxendía, dun xeito científico, nos estamos a referir a unha ferramenta comunicativa que ten como obxectivo acada-la perfección das accións humanas nos diversos eidos. Na empresa e nas institucións, o protocolo é unha ferramenta para a imaxe corporativa e institucional á que cada vez se adica máis atención nos espazos indicados. Académicos, investigadores, profisionais, expertos e estudiosos desta materia axúntase nun apretado curso na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra para dicta-los seus saberes, coñecementos e experiencia. Este ano, o curso conta cunha calificada representación extranxeira, de Europa e América, todos eles especialistas de recoñecida valía na súa adicación. O programa do curso abrangue tódalas cuestións esencias das que hoxe se debe falar cando se trata da comumicación corporativa e institucional.

Estamos, pois, diante dun curso intensivo, en formato de curso complementario, polo que suma ó seu interés cíentífico as ventaxas de seguilo para estudiantes e empregados públicos, en orde a mellora das súas carreiras e preparación. O programa ten sido estructurado para que, tendo en conta o elevado número de poñentes, a súa dinámica e moderna fórmula manteña o nivel máximo dos estudiantes e interesados. O curso, coma sempre, está aberto a tódolos interesados.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 801999
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/04/2007 11:53 - 19/05/2007 23:59
Período de docencia 23/05/2007 - 24/05/2007

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 60
Número máximo de participantes 200
Validación de libre elección 1.5

Destinatarios/as

Alummnos da Universidade de Vigo e do sistema universitario de Galicia en xeral. Persoas alleas, interesadas en xeral que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a segundo de bacharelato.

Condicións de acceso

1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Criterios de selección

Expediente académico, preferente ós alumnos da Universidade de Vigo, e dentro deles, os que cursen as carreiras de comunicación.

Calendario

22 e 24 de maio de 2007

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
  • O protocolo como ferramenta de comunicación: unha técnica para logra-la excelencia
  • DIRCOM: A comunicación como instrumento de xestión na empresa e nas institucións
  • Recursos para a comunicación corporativa e relacións cos entornos.
  • Imaxe e comunicación corporativa: o emblema da excelencia,
  • Comunicación en situación de crise
  • A cultura desenvolvida ó redor dunha marca. Paradigmas e exemplos
  • O valor da comunicación ou a comunicación como valor

Titulación

Unha vez realizado o curso aos alumnos/as expediráselles o diploma do Curso Complementario Protocolo e protocolos para a comunicación corporativa e institucional: as ferramentas da excelencia. Comunicación e Protocolo

Sistema de avaliación

Memoria final que deberá ser calificada como aprobado e asistencia alomenos ó oitenta por cento das conferencias, seminarios e clases.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos