Atopa o teu curso

Vicerreitoría Campus de Pontevedra

Información sobre o grupo de cursos

Descrición non dispoñible

Ordenar por: Nome  |  Modalidade  |  Tipo  |  Preinscrición  |  Matrícula  

DESEÑO DUN E-PORTFOLIO
(Outros cursos) - presencial

Os portfolios constitúen ferramentas específicas para expresar de maneira efectiva a aprendizaxe e/ou experiencia profesional dunha persoa, grupo ou institución. 

Un portfolio é un instrumento que ten como obxectivo a selección de mostras do mellor traballo ou evidencias de consecución de obxectivos profesionais ou persoais que, ordenados e presentados dun xeito determinado, cumpren a función de potenciar a reflexión sobre cada unha das prácticas (educativas, profesionais ou civís). 

EDICIÓN DE VIDEO CON SOFTWARE GRATUÍTO: BLACKMAGIC DAVINCI RESOLVE
(Outros cursos) - presencial

Curso de iniciación á edición de vídeo con software gratuíto. Utilizarase o programa DaVinci Resolve, de Blackmagic Design, por ser multiplataforma (Windows, Mac, Linux...), e por dispor dunha versión gratuíta totalmente funcional. Con esta ferramenta trataremos os fundamentos básicos da edición de video, dende o punto de vista técnico e dende o artístico. 

INTRODUCIÓN AO RETOQUE FOTOGRÁFICO CON ADOBE PHOTOSHOP
(Outros cursos) - presencial

A fotografía dixital estableceuse definitivamente no ámbito doméstico, o que permite que os consumidores poidan finalmente manexar, editar, retocar e sacarlle partido a todo o seu potencial. Nembargantes, a complexidade das aplicacións de edición e retoque dixital fotográfico impide que moitas persoas usuarias poidan facelo. 

Neste curso impartiranse as nocións básicas de fotografía dixital e capacitará ao alumnado o poder optimizar as súas habilidades, para o que se empregará a aplicación Adobe Photoshop, como estándar profesional no retoque fotográfico. 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos