6.2 Preinscribirse nun curso

Deberá premer no curso que lle interese para ver se a preinscrición está dispoñible. Naqueles onde a preinscrición estea aberta, aparecerá o botón “Preinscribir” ao final do cadro de descrición do curso. Prema nel e abriráselle unha ventá. Cubra todos os datos que lle solicitan; a través deles debe delimitar a súa relación coa universidade (o campus co que está vencellado, o tipo de vínculo, e o centro, departamento e/ou servizo co que se relaciona). Prema “Gardar cambios” e continuará o proceso de preinscrición. Se pola contra non quere seguir co proceso, escolla o botón “Cancelar”.

 

Imaxe 8: cadro información da relación coa Universidade

 

Se escolleu continuar coa preinscrición, apareceralle un cadro no que deberá cubrir os datos que lle solicitan. Estes foron determinados polo profesor/a ou director/a do curso, por iso é recomendable que os encha xa que foron considerados de interese para a aceptación da súa preinscrición e posterior matrícula. Cando remate, prema “Aceptar”.

 

A continuación, terá que configurar a matrícula dos módulos do curso que lle interesen, é dicir, deberá escoller aqueles módulos do curso nos que queira estar matriculado. É moi probable que algúns sexan obrigatorios, neste caso xa estarán marcados por defecto.

 

De seguido, apareceralle unha ventá na que se describe o seu estado de admisión. Aí poderá ver se a súa preinscrición foi aceptada ou non. Mais lembre –xa llo recordará a propia xanela– que estar preinscrito non implica necesariamente a súa matrícula no curso. Poderá consultar o seu estado sempre que queira nesta mesma ventá “Proceso de admisión” (entrando pola “Listaxe dos meus cursos”); tamén se lle enviará un correo electrónico para informalo cada vez que haxa algún cambio no estado dos seus cursos.

 

No caso de que a súa preinscrición estea aceptada, pode comezar xa co proceso de matrícula.

 

 

Manual do estudantado